Menú
Sostenibilidade
| PREOCUPACIÓN ECOLOXISTA POLA PRENSENZA DO ECALIPTO NA PENINSULA |
| Ás portas da celebración do Día Forestal Mundial 2011, organizacións de conservación da natureza e ecoloxistas de carácter estatal e de Andalucía, Galicia, Asturias, Cantabria e o País Basco presentaron o documento "Unha Visión Común sobre o problema das plantacións de eucalipto". Neste manifesto, asinado por máis de 20 colectivos, faise unha breve análise sobre a conflictividade asociada a estas plantacións e preséntase unha folla de rota ás administracións públicas e ó sector do eucalipto para rematar co que cualifican de “máis de 40 anos de conflictos xenerados por estas plantacións”.
Durante as últimas décadas rexistrouse unha gran expansión do eucalipto en Galicia, a comunidade autónoma española con maior superficie de eucaliptais. En 1972/73, cando se realizou o traballo de campo para o primeiro Inventario Forestal Nacional (IFN I), o eucalipto estaba presente nun total de 131.181 ha. Segundo o IFN III (o seu traballo de campo realizouse en Galicia durante os anos 1997 e 1998) o eucalipto, en masas puras, ocupa unha superficie de 174.210 ha en Galicia.
Para as organización promotoras, “este dato no reflicte a superficie real ocupada polo eucalipto nos montes galegos, pois ás masas puras hai que sumar as formacións nas que o eucalipto aparece mesturado co piñeiro ou con outras especies, e que tenden a evolucionar cara a masas dominadas polo eucalipto”. Segundo os datos aportados, só ou en compañía doutras árbores, o eucalipto esténdese por 396.344 ha, o 28% da superficie arborada galega. Dende a realización deste último IFN, a superficie de eucalipto aumentou ata, probablemente, atinxir o obxectivo de superficie en masas puras proxectado no Plan Forestal de Galicia (PFG): 245.000 ha.
Actualmente, as masas puras e mixtas de eucalipto chegaron a ocupar máis de 760.000 hectáreas no Estado Español. Tras Galicia, a rexión con máis superficie de eucalipto no noso país é Andalucía (156.000 ha), seguida de Estremadura (75.000), Cantabria (60.000 ha), Asturias (58.000 ha) e o País Basco (14.500 ha). Estas plantacións supoñen o 7% da superficie mundial de plantacións de eucalipto, que suman máis de 20 millóns de hectáreas, sendo Brasil, India e China os principais países con este tipo de plantacións. Se temos en conta só á especie Eucalyptus globulus, na península ibérica localízase o 53% (31% Portugal, 22% España) da superficie mundial ocupada por esta especie.
As organización asinantes do manifestó "Unha Visión Común sobre o problema das plantacións de eucalipto" espoñen un conxunto de demandas elaboradas polo movemento ecoloxista co asesoramento dunha parte da comunidade científica, que avogan por unha ordenación racional do sector e pola mellora das prácticas forestais nestas plantacións. O manifesto recolle 8 grandes directrices:
• Fixar un límite de ocupación do territorio baseado en criterios científico-técnicos.
• Respecto á planificación forestal, ás estratexias e plans de ordenación do territorio e á lexislación ambiental.
• Prohibición de novas plantacións en espazos naturais protexidos e eliminación progresiva das existentes.
• Establecer directrices de xestión específicas con indicadores para reducir significativamente os impactos negativos do modelo de xestión dos eucaliptais.
• Incrementar e mellorar a investigación independente sobre xestión forestal aplicable ás plantacións de eucalipto na península Ibérica.
• Utilizar a certificación forestal do FSC (Forest Stewardship Council) como unha das ferramentas posibles para mellorar a xestión das plantacións de eucalipto.
• Non autorizar o desenvolvemento de plantacións de eucaliptos transxénicos.
• Non considerar as plantacións de eucalipto como solución ó cambio climático.
• Pedir o compromiso da sociedade coa reducción do consumo de papel e de enerxía.
O portavoz de Adega, Fins Eirexas afirmou que "o movemento ecoloxista quere fuxir de posicións irreductibles a favor ou en contra do eucalipto. As nosas demandas sinalan unha folla de rota cara a onde debe encamiñarse o sector e o futuro das superficies ocupadas polo eucalipto".
Notas:
1. O manifesto esta dispoñible en: http://www.greenpeace.org/espana/es/#tab=4
2. O documento foi suscrito por: Amigos de la Tierra - Asociación Asturiana de Amigos de la Naturaleza (ANA) - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) - AEMS-Ríos con Vida ? Asociación para la Defensa de los Recursos Naturales de Cantabria (ARCA) ? Asociación Medioambiental Ecos Astures ? Asociación Ereba, Ecología y Patrimonio - Asociación para la Recuperación del Bosque Autóctono (ARBA) - Asociación Medioambiental Izate Ingurugiroaren Taldea (País Vasco) ? Colectivo Ecologista de Avilés - Coordinadora Ecoloxista de Asturies - Ecologistas en Acción - Greenpeace España ? Grupu d`Ornitoloxia Mavea ? Instituto para la Calidad y la Educación Ambiental - SEO/Birdlife - Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) ? Salvemos los Territorio del Bajo Navia (SALTERNAVIA) - Sociedad de Ciencias Naturales de Sestao ? Verdegaia - WWF España.
|

© Galicia Ambiental, 2010. Todos os Dereitos Reservados.
Deseño&desarrollo: Novosmedios









