Menú
I Concurso de Redacción eFotografía ambiental
Colexio: CPI Manuel Padín Truiteiro (Soutomaior)
Título: Cousa de todo
Redacción:
Dime meu pai que lle contou meu avó que seu pai lle dixera que na ría de Arcade tapaban as ostras a area.
XA NON QUEDAN OSTRAS NA RÍA¡
Conta miña nai que, cando se mataba o porco, ía coa súa ao regato da Carblleira a lavar as tripas para logo encher os chourizos.
ONDE ESTÁ AQUEL REGATO DE AUGA LIMPA?
Na fonte do Outeiro enchían os baldes de auga para levar ás casas.Bebían os nenos cando viñan da escola e os homes e as mulleres que traballaban nas leiras.
UN LETREIRO CON LETRAS VERMELLAS PON “AUGA NON POTABLE”¡
Fala meu pai de que estaban os montes limpos e había moitos animais.Que ían cos carros ao toxo para as vacas e á leña para a cociña de ferro.
AGORA HAI VERTEDOIROS, LAVADORAS VELLAS E SILLAS COAS PATAS ROTAS¡
Meu pai ten 49 anos e cóntame esas cousas.
En Galicia houbo, nos anos que eu recordo, dúas grandes catástrofes naturais: o accidente do barco PRESTIGE, que emporcallou e danou ás nosas costas; e os grandes incendios forestais, cando meus irmáns estaban no campamento de Forcarei, que destruiu unha gran superficie de monte.
A natureza non ten dono, é de todos. Coidala e conservala tamén é obrigación e responsabilidade de todos: dos gobernos das nacións, das comunidades autónomas, dos concellos, ...pero tamén dos homes e das mulleres e dos nenos e das nenas.
Entón, cando eu teña a idade dos meus pais e fale disto cos meus fillos,
A RÍA ESTARÁ CHEA DE MARISCO,
A FONTE NON TERÁ O LETREIRO,
NO REGATO VIVIRÁN AS RAS
e OS MONTES VOLVERÁN A ESTAR LIMPOS.
Reducir, Reciclar e Reutilizar.

© Galicia Ambiental, 2010. Todos os Dereitos Reservados.
Deseño&desarrollo: Novosmedios











