Loading

Con nome propio

Mercedes Casal

Profesora de Ecoloxía da Facultade de Bioloxía da USC

· O tempo de recuperación dunha zona arrasada polo lume, paisaxisticamente falando, podería ser de 10 anos pero, dende o punto de vista do chan, poden ser cen . O que ocorre aquí é que temos lumes moi repetidos en algúns montes, o que provoca degradacións moi fortes e que unhas especies máis agresivas despracen a outras máis débiles.

 

· Existe un risco real de perda de especies por culpa dos incendios en zonas difíciles. Ademais, pode haber extincións locais en cada monte por lumes reiterados.

 

. Hai que poñer en valor o rural e os usos tradicionais do monte, como a roza de material para usalo en cuadras ou combustibles. O pastoreo tamén habería que fomentalo, porque é tamén unha forma de evitar os incendios. Incluso as pequenas queimas culturais que facían os nosos antepasados.

 

 

®Galicia Ambiental, 2013. Todos os Dereitos Reservados.
Edición e Comercialización: ITE Ambiental   -   Director: Bieito G. Carril   Tlf: 981 973 804