Actualidade
AXUDAS PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a recuperación do potencial forestal. O prazo de presentación de solicitudes para acollerse a estas axudas é de un mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta norma.
O Fondo Galego de Garantía Agraria é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivo a recuperación das masas forestais danadas polo temporal Klaus durante o ano 2009; mediante a corta e retirada da madeira prexudicada.
Os beneficiarios destas axudas son todos aqueles propietarios particulares, comunidades de montes veciñais en man común, agrupacións de propietarios e concellos con montes que posúan masas danadas por este temporal.
Investimentos por actuación
En canto a actuacións, levaranse a cabo a restauración de masas de coníferas e masas de eucalipto. O valor máximo do investimento por hectárea de actuación é de 1.853 €/ha no caso de plantación de coníferas e de 2.398 €/ha no caso de especies frondosas. Este importe verase incrementado cando se proceda á retirada de tocos arrancados, en 618 €/ha. No caso de que sexan especies de xénero Eucalyptus, o valor incrementarase en 950 €/ha.
O importe total destas axudas ascende á 800.000 euros e poderá ser incrementado con fondos comunitarios, do Estado ou da Comunidade Autónoma.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios






