IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

A XUNTA INSPECCIONA O ESTADO DAS INSTALACIÓNS E ANIMAIS DO ZOO DE VIGO

Técnicos da  Consellería do Medio Rural (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) xirarán visita de inspección ás instalacións de Vigozoo, para avaliar a súa situación actual e realizar o correspondente informe para verificar o cumprimento dos requirimentos establecidos pola normativa europea e estatal para os parques zoolóxicos.

 

Os técnicos da Xunta acudirán ás instalacións pola mañá para revisar a documentación e instalacións do Parque, e tras esta visita os técnicos redactarán o correspondente informe, para dar conta da situación actual das instalacións e o seu grao de cumprimento da normativa vixente en base ás alegacións presentadas polo Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigozoo.

 

Último informe negativo

O último informe elaborado por técnicos da Xunta de Galicia data de xaneiro de 2009 (aínda na etapa do bipartito), con resultado negativo. A Unión Europea demandou ao Reino de España sobre a situación destas instalacións, recalcando que non se adaptaron á normativa comunitaria. Por lei, corresponde ás comunidades autónomas –neste caso á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, en razón do seu ámbito competencial– velar polo cumprimento da devandita lexislación. Deste xeito, a Administración Galega afirma que "quere deixar claro, unha vez máis, que a súa obriga é a de facer cumprir e garantir que os zoolóxicos cumpran os requisitos e normativas comunitarias en cuanto á seguridade, sanidade e benestar animal, así como a función de conservación destas instalacións".

 

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios