IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

O SECTOR DA ENERXÍA FOTOVOLTAICA, ¿FRAUDE OU NEGOCIO?

 A Comisión Nacional da Enerxía (CNE) recibiu denuncias sobre irregularidades nalgunha plantas. Galicia conta con poucas instalacións deste tipo sustentadas nas subvencións públicas.

 

As primas e subvencións públicas que as administracións, tanto nacional como europea, aportan ó sector das enerxías renovables para impulsar o seu despegue son o motor da expansión dalgunhas delas en España, como a enerxía eólica ou a solar, situándose como unha das primeiras potencias do mundo en instalación e producción deste tipo de enerxías.

 

Pero as importantes ganancias que estas primas supoñen para os promotores de plantas enerxéticas, tanto solares como eólicas, son tamén unha traba para o futuro do sector. A polémica xa xurdiu no ámbito solar, despois de que varias comunidades autónomas trasladaran as súas queixas á Comisión Nacional da Enerxía (CNE) ó ter detectado irregularidades nalgunhas das plantas fotovoltaicas. Por este motivo, o órgano regulador ten previsto poñer en marcha un plan de investigación para comprobar o funcionamento de máis de 5.500 instalacións, o 75% do total de plantas fotovoltaicas existentes en España.

 

Durante o pasado ano a CNE xa realizou inspeccións nunhas 30 plantas do sector atopando irregularidades en máis da metade delas, a maioría relacionadas co cobro de primas máis altas do que lles pertencía segundo o marco regulatorio correspondiente. A trampa está en que moitos dos promotores de instalacións fotovoltaicas acóllense ó anterior marco pese a terse conectado á rede despois de que este expirase para cobrar primas maiores ás contempladas na nova lexislación.

 

A fotovoltaica en Galicia

 

Galicia é unha das comunidades con menos potencia fotovoltaica conectada á rede; en 2007 só contaba con 2,3 Mw fronte ós 135,1 de Castela A Mancha ou os 59,7 de Navarra. Segundo os datos máis recentes do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), as instalacións fotovoltaicas galegas chegaron a producir 8 megavatios en 2008, o que representa un 300% máis que o ano anterior.

 

Segundo a Asociación da Industria Fotovoltaica (ASIF), a comunidade galega é a segunda con menor potencia instalada nesta modalidade enerxética, só por detrás de Cantabria, con 2 Mw. O crecemento registrado durante o 2008 na nosa comunidade é o quinto menor do Estado, sen ter en conta Asturias, Ceuta e Melilla, que aínda non contan con proxectos deste tipo.

 

Unha das razóns do pouco auxe da fotovoltaica en Galicia podería ser o menor índice de radiación solar con respeto a outras zonas do país. As horas pico equivalentes dunha instalación solar con paneis fixos en Galicia estaría entre as 1.000 do norte e as 1.250 do sur, o que significa que unha instalción dun Kwp (quilovatio pico) instalado produciría anualmente entre 1.000 Kw/h e 1.250 Kw/h, segundo a súa localización.

 

Sen embargo, e segundo os expertos, aínda que en Galicia hai menos horas de sol, eso non significa que sexa un mal lugar para a producción de enerxía solar. A comunidade galega conta ó seu favor cunha luz máis limpa que outras rexións, o que permite un mellor aproveitamento. Ademáis, a eso deberíase engadir a temperatura, máis estable e próxima ós 25 ºC, que é o nivel óptimo de rendemento dos paneis.

 

Este tipo de instalacións reciben importantes subvencións en Galicia, sobre todo no caso de ser instalación illadas adicadas ó autoconsumo, que son as que máis proliferan. Tamén aquí se nota o tirón destas primas e subvencións, sempre no punto de mira polos fraudes e trampas nos que os promotores incurren para sacar máis ganancia, provocando a multiplicación das peticións de instalación e superando as previsións do Plan Enerxético 2007-2012, que tiña os 25 megavatios como meta. As peticións, que superaron as 350 solicitudes, representan un total de 60 Mw instalados, máis do doble do previsto.

 

I+D no sector da enerxía solar

 

As hortas solares dispersas pola gran maioría das comunidades autónomas españolas son o principal representante da enerxía solar ata o momento. Sen embargo, estes sistemas predominantes e tradicionais non se caracterizan pola innovación e o desenvolvemento tecnolóxico polos que xa están a apostar outros sectores como o termoeléctrico.

 

As centrais solares termoeléctricas funcionan mediante sistemas de concentración que quentan un fluido que transforma a enerxía térmica en mecánica mediante un ciclo termodinámico. Trátase de plantas que poden ter un importante grao de independencia temporal da producción eléctrica con respeto ó recurso solar, unha característica que aporta estabilidade ó sistema eléctrico.

 

O desenvolvemento deste sector estao a colocar na cabeza do ámbito enerxético solar e incluso no das renovables en xeral. Dentro da termoeléctrica, o sistema de colectores cilindro-parabólicos e o de torre central son os que se perfilan con maior proxección de futuro. O primeiro deles baséase na concentración de radiación nun captador central que contén aceite que se quenta para producir vapor que xenera electricidade. O outro modelo, o de torre central, utiliza espellos que reflexan a luz do sol no receptor da torre quentando as sales que, á súa vez, quentan a auga. Esta xenera vapor que, ó mover a turbina, produce electricidade.

 

España conta con varias empresas punteiras no desenvolvemento destos novos sistemas que, sen embargo, os poñen en marcha fora das nosas fornteiras. Este é o caso da empresa Acciona, que no ano 2007 conectaba á rede a maior planta termoeléctrica instalada no mundo. Nevada Solar One, situada no deserto de Nevada, en Estados Unidos, ocupa unha superficie de 1,4 millóns de metros cadrados e conta con 760 colectores cilindro-parabólicos que xeneran arredor de 130 millóns de kWh anuais.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios