IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

O INEGA PON EN MARCHA AS AXUDAS DIRIXIDAS A POTENCIAR O AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA EN TODOS OS SECTORES ECONÓMICOS

A Consellería de Economía e Industria vai desenvolver, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), un novo programa de axudas para potenciar o aforro e a eficiencia enerxética en todos os sectores económicos no presente exercicio. Esta iniciativa  xerará un investimento asociado de 28,4 millóns cun investimento de preto de 9 millóns.

 

Esta nova programación, ó abeiro da orde de axudas que onte publicaba o Diario Oficial de Galicia e que se enmarca dentro da estratexia global de aforro e eficiencia enerxética da Xunta de Galicia, abrangue un total de 18 liñas de axudas distintas, das que 12 están dirixidas especificamente ós concellos e que ofrecen ata un 75% de subvención nos distintos sectores: industria, transporte, edificación, servizos públicos, transformación da enerxía e agricultura e pesca.

 

Entre as novidades introducidas nesta convocatoria está a posibilidade de consultar o estado de cada expediente en liña (www.inega.es/axudasinega2010), o que axudará a optimizar a atención que se lle presta ó cidadán, así como a acadar o obxectivo de lograr unha nova redución nos tempos de tramitación e resolución das axudas, de xeito que o novo prazo será dun máximo de 5 meses.

 

Así, o Inega segue a manter o compromiso de acurtamento dos prazos iniciado en 2009 (tramitación: prazo máximo de 4 meses -anteriormente 6 meses- e resolución: prazo máximo de 6 meses -antes eran 9-) e ademais segue a ofrecer a posibilidade de tramitación telemática das subvencións, co propósito de garantir unha resposta rápida e eficaz.

 

Este programa de axudas, que se insire na aposta global do Goberno galego pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, conseguirá un aforro de enerxía primaria de preto de 12.650 toneladas equivalentes de petróleo (147 GWh/ano), o que supón evitar a emisión de máis de 50.350 toneladas de CO2 á atmosfera.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios