IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

AMIGOS DA TERRA REXEITA UNHA SEGUNDA INCINERADORA EN GALICIA

A plataforma ecoloxista galega Amigso da Terra amosou onte a súa disconformidade coa construcción dunha segunda planta incineradora de lixo na comunidade galega, concretamente na provincia de Ourense, segundo se recolle nas directrices do novo Plan de Residuos de Galicia que se aprobará nos próximos meses.

 

Amigos da Terra considera que “a creación dunha nova planta incineradora no sur de Galicia non é a solución adecuada para a xestión do gran volume de residuos xerados na nosa comunidade e pide un cambio de dirección no modelo que a Xunta de Galicia propón no plan de residuos, baseado na incineración”.

 

Ante as últimas declaracións do Presidente da Deputación de Ourense, nas que amosa o seu desexo de que a provincia sexa a elixida para acoller a nova planta incineradora do sur, a organización ecoloxista manifesta o seu rexeitamento a esta incineradora, tanto en Ourense coma en calquera outro municipio galego, “como falsa solución para a xestión dos residuos”, sinalan.

 

A ubicación desta nova planta de tratamento do lixo na comunidade galega está a ser un dos temas máis candentes da actualidade na nosa comunidade durante os últimos meses. Como xa adiantou Galicia Ambiental, o municipio de A Cañiza, situado na comarca pontevedresa da Paradanta, podería ser o lugar elixido para a construcción dunha segunda planta incineradora, similar á que ten a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) en Cerceda (A Coruña), que de servizo ó sur da comunidade autónoma, reducindo así os costes que supón actualmente o tratamento do lixo desta zona de Galicia.

 

Despois de que concellos do Ribeiro (pensada nun primeiro momento como a ubicación ideal para a planta do sur) como Carballeda de Avía, Melón e, por último, Cortegada amosasen a súa negativa a acoller a incineradora, os ideólogos do novo Plan de Residuos pensan en desviarse só uns kilómetros dentro da liña debuxada pola autovía A-52 e a vía férrea Vigo-Ourense, ata A Cañiza como mellor alternativa para a ubicación desta nova incineradora, decisión que levanta fortes críticas entre unha parte importante da sociedade.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios