IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

NOVAS CRÍTICAS Á UTILIZACIÓN DE HERBICIDAS NAS ESTRADAS GALEGAS

A organización ecoloxista ADEGA ven de denunciar novamente o uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas. Adega afirma hoxe nun comunicado que  “é unha práctica cada vez máis estendida en Galiza”. Para a organización ecoloxista  “estas substancias biocidas, anque legais, comportan riscos para a saúde pública e ambiental ao envelenar as augas e os solos”. ADEGA soten que a alternativa aos herbicidas para controlar a vexetación son as rozas mecánicas selectivas, “que ademais contribuen a criar máis postos de traballo.  Critican deste xeito “unha suposta "austeridade" mal entendida” que está a envelenar os ecosistemas, incrementando de paso o risco de lumes.

No comunicado sostense que os métodos de rozado químico tampouco supoñen unha maior seguridade contra os lumes, ben ao contrario: toneladas de mato seco permanece nas beriarúas nas épocas de maior risco de incendios. Alén disto – destacase dende ADEGA -  non existe praticamente control das práticas prohibidas á hora de fumigar, como non facelo preto de terras de cultivo e cursos de auga. Mesmo nalgúns casos, ovellas, galiñas, e vacas pululan e comen nas zonas fumigadas.

 

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios