IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

AS CORCERIZAS ACOLLE UN SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

O Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas, na serra ourensana de San Mamede, convertiuse esta semana na sede do Seminario Internacional de Cambio Climático “Tecendo redes para o cambio”, organizado pola asociación ecoloxista Amigos Da Terra e no que participaron 25 mozos e mozas procedentes de Reino Unido, Bélxica, Francia e España. Os participantes, pertencentes ás organizacións de Amigos de la Tierra España, Bélxica e Reino Unido e a asociación Oïkos de Francia, déronse cita en As Corcerizas co obxectivo de reflexionar sobre os problemas e as posibles alternativas para  frear o cambio climático.

 

Dentro das moitas actividades que se realizaron durante estes días, leváronse a cabo  relatorios e debates dirixidos por expertos/as e participantes, que identificaron alternativas de redución da pegada de carbono, así como accións prácticas para cada un dos temas tratados: eficiencia enerxética, agroecoloxía, bioconstrución, denuncias ambientais, decrecemento e a produción e aplicacións do compost, entre outros.

 

Por outra banda, nunha das xornadas realizausen unha visita á vila e á aula da natureza de Allariz, un proxecto co que se quere amosar que unha vida sostible dentro do rural galego é posible. Ademais, o propio equipamento de As Corcerizas serviralles de exemplo práctico sobre como plantexar un modelo de vida sostible en harmonía coa natureza.

 

Por último, e co obxectivo de que o encontro non se quede só en verbas, os participantes teñen a intención de crear un grupo de traballo para poder realizar no futuro proxectos conxuntos.

 

O encontro, que comezou o pasado día 3 e que rematará mañá venres, está englobado dentro do contexto do programa Xuventude en Acción da Unión Europea e apoiado pola Axencia Nacional – INJUVE e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios