IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

A CAÑIZA PODERÍA ACOLLER A NOVA PLANTA INCINERADORA DO SUR DE GALICIA

Despois da negativa do concello ourensán de Cortegada a acoller “a SOGAMA do Sur”, o municipio de A Cañiza, situado na comarca pontevedresa da Paradanta, podería ser o lugar elixido para a construcción dunha segunda planta incineradora, similar á que ten a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) en Cerceda (A Coruña), que de servizo ó sur da comunidade autónoma, reducindo así os costes que supón actualmente o tratamento do lixo desta zona de Galicia.

 

Este concello pontevedrés, ó igual que os descartados anteriormente na comarca do Ribeiro, en Ourense, da que forma parte Cortegada, ten a ubicación xeográfica ideal para acoller o novo complexo de tratamento do lixo ó estar situado nas cercanías da autovía Vigo-Ourense-Madrid (A-52) e enlazada coa autovía Ourense-Lalín-Santiago, o que permitiría aforrar enormes costes en transporte redundando tamén nunha disminución dos costes ecolóxicos ó verse reducidas as emisións á atmósfera. Ademais, este concello está atravesado pola vía férrea que une Vigo e Ourense, o que permitiría barallar a posibilidade de habilitar un ramal exclusivo como no caso de Cerceda, onde su encontra a planta de tratamento de SOGAMA.

 

Despois de que concellos do Ribeiro (pensada nun primeiro momento como a ubicación ideal para a planta do sur) como Carballeda de Avía, Melón e, por último, Cortegada amosasen a súa negativa a acoller a incineradora, os ideólogos do novo Plan de Residuos pensan en desviarse só uns kilómetros dentro da liña debuxada pola autovía A-52 e a vía férrea Vigo-Ourense, ata A Cañiza onde, segundo puido saber Galicia Ambiental, xa tiveron lugar os primeiros contactos co obxectivo de buscar a ubicación do complexo no entorno dos montes da Paradanta que limitan as provincias de Pontevedra e Ourense.

 

Dende un principio, os ideólogos do novo Plan de Residuos, no que se inclúe a construcción desta planta incineradora, apuntan a un municipio de pequeno tamaño como o ideal para acoller o novo complexo basándose en argumentos económicos, de inversión e creación de novos postos de traballo que poidan primar sobre o forte impacto ecolóxico que unha infraestructura deste tipo pode causar, amén da falta de organizacións socio-políticas que se opoñan ó proxecto en poboacións máis reducidas.

 

Por este motivo, dende a Xunta apostan claramente polas comarcas do Ribeiro e a Paradanta, sitúandose á cabeza o concello de A Cañiza, gobernado tamén polo Partido Popular, un feito que podería facilitar o acordo.

 

A negativa de Cortegada

O anterior nome que se barallou como candidato a acoller a planta de tratamento de residuos do sur de Galicia foi Cortegada. Sen embargo, o concello ourensán xa fixo pública a súa negativa a converterse na sede da nova incineradora. O feito de tratarse dun concello pequeno e en clara regresión, unido á súa ideal ubicación xeográfica e á súa boa comunicación tanto por estrada como por tren, fixo que se centrara nel o interese da Administración.

 

Sen embargo, o alcalde socialista de Cortegada, Avelino de Francisco, amosou rápidamente a súa disconformidade con este feito. O actual rexedor, quen anteriormente desempeñou o cargo de Xefe Superior da Policía de Galicia, cando aínda estaba no cargo sempre dicía que, cando se xubilase, quería ser alcalde do seu pobo, Cortegada, consciente do seu estado de regresión e con sólidas convencións de axudalo a progresar. A pesar diso, de Francisco non considera que a construcción da nova planta incineradora constitúa unha oportunidade de avance para Cortegada, xa que os costes medioambientais que conlevaría superan con creces os beneficios económicos que aportarían ó concello.

 

Melón ou Carballeda de Avia, tamén pertencentes á comarca do Ribeiro, onde se pretendía situar a incineradora nun primeiro momento, xa amosaran con anterioridade a súa negativa a converterse en sedes da nova planta. Ante esta situación, a comarca da Paradanta, con A Cañiza como principal opción, imponse como clara candidata para albergar a que será a segunda SOGAMA galega.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios