Actualidade
GALICIA EXPERIMENTA COA ENERXÍA PRODUCIDA POLO MAR

A costa da zona de Ferrol foi testemuña muda hai só uns días da posta en marcha dun proxecto experimental desenvolto pola empresa Galicia Mar Renovables e que recibe o apoio económico da Administración galega co que se pretende obter e producir enerxía a partir da forza das olas do mar.
Para elo, a compañía galega utiliza unha boia experimental deseñada polo enxeñeiro madrileño Julio de la Cruz Blázquez. O aparello foi contruido case en segredo polo asteleiro Roseva, en Cabana de Bergantiños e é a razón pola cal o proxecto a penas trascendeu xa que se trata de evitar a espionaxe industrial. A nova boia triplica a capacidade doutros mecanismos deste tipo e permite mellorar rendimentos baixos e costes altos de mantemento. As expectativas apuntan a que este novo sistema estreado na costa galega é moito mási rendible que outros postos en funcionamento ata o de agora en Escocia ou no Cantábrico.
A boia experimental saiu da ensenada do Anllóns en Cabana para dirixirse cara ás costas ferrolás, aínda que na súa primeira incursión sufríu un pequeño percance e quedou varada, tendo que aproveitar a pleamar para o seu reflotamento.
A intención é que este novo avance tecnolóxico no campo das enerxías renovables se sitúe na zona de Cariño, onde está previsto outras nove boias máis e o resto, vendelas para a creación de novos parques naquelas zonas do litoral que reúnan as condicións necesarias para a producción de enerxía eléctrica a partir da forza do mar.
O sector da enerxía mariña en España
Galicia non é a única comunidade que pretende aproveitar o potencial mariño para producir enerxía con baixos costes medioambientais. O País Vasco ou Cantabria xa teñen en marcha proxectos similares aínda que con outro tipo de tecnoloxía aplicada á producción de electricidade a partir das olas. Segundo parece, a boia experimental utilizada en Galicia obtería unha maior rendibilidade que as postas en funcionamento na costa cantábrica.
Este tipo de enerxía renovable comezou a ser explotada en Escocia e hoxe en día existen case un cento de prototipos diferentes que permiten extraer a enerxía do mar e convertela en enerxía eléctrica. Pódense aproveitar as mareas e as correntes, a enerxía térmica do océano ou o movemento das olas, sitema polo que se decanta España.
No ano 2008, cando se comezaron a poñer en marcha as primeiras iniciativas experimentais en España, o IDAE calculaba que, en cinco anos, as plantas de aproveitamento de enerxía das olas postas en marcha en España producirían 10 megavatios de potencia. Para o ano 2020, no que España deberá producir un 20% da súa enerxía de forma limpa, ppoderanse alcanzar entre os 300 e o s 500 megavatios, cantidade suficiente para abastecer a tres millóns de familias.
Ademais, a obtención de enerxía a partir das olas ten importantes ventaxas. Por exemplo, é unha producción continua, xa que o seu movemento se reporduce as 24 horas do día, con máis forza en inverno que en verán. Ademais, ten unha maior capacidade de predicción que outro tipo de enerxías renovables. A esto hai que sumar tamén o apoio de boa parte dos ecoloxistas que ven neste tipo de fonte de enerxía renovable unha das formas menos dañinas de obter electricidade.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios






