IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

PRÓXIMA POSTA EN MARCHA DUN PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DA FAUNA NO RÍO ULLA

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, coordinará o programa de recuperación das poboacións de mexillón de río (margaritifera margaritifera) e auganeiro (galemys pyrenaicus) na conca do río Ulla, que contará co apoio económico da Unión Europea a través do instrumento financeiro Life. Nesta iniciativa participarán tamén, como socios, Augas de Galicia e a Universidade de Santiago (USC).

 

O director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, presidiu esta mañá en Santiago a primeira reunión do grupo de traballo que desenvolverá a iniciativa, que se prolongará entre setembro deste ano e agosto de 2015. O orzamento total é de 3,6 millóns de euros, dos que 1,8 serán financiados pola Unión Europea.

 

O obxectivo xeral deste plan é a mellora do estado de conservación destas dúas especies, establecendo as condicións axeitadas para a recuperación das poboacións orixinais.

 

Como obxectivos específicos búscanse, entre outros, mellorar aqueles elementos do hábitat identificados como factores de declive de ambas especies; promover a dinámica natural das poboacións de peixes hóspede do mexillón de río e favorecer a conectividade dos núcleos poboacionais de auganeiro, con medidas para recuperar a hidromorfoloxía en áreas do río Ulla afectadas por presas e reducións de caudal e mellorar o estado de conservación do bosque de ribeira nesta conca fluvial. Entre os resultados agardados atópase o coñecemento profundo do estado de conservación de ambas especies, dos seus hábitats e dos principais factores de ameaza.

 

Apoio europeo a políticas medioambientais

A ferramenta comunitaria Life apoia medidas que contribúen ao desenvolvemento, aplicación e actualización da política e a lexislación da UE en materia de medio ambiente. Pretende tamén facilitar a integración do medio ambiente nas demais políticas e lograr un desenvolvemento sostible na Unión Europea.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios