IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

CRÍTICAS ÁS BANDEIRAS AZUIS OUTORGADAS ÓS AREAIS GALEGOS

A plataforma ecoloxista ADEGA ven de facer públicas as súas críticas ás bandeiras azuis que ano a ano reciben numerosas praias galegas de mans da fundación internacional privada FEE-ADEAC. Segundo a asociación “A Bandeira Azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado pero eso non significa que o litoral estea ben conservado”.

 

 

Os criterios polos que se concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga e ós servizos da praia durante a tempada de baño, e non á conservación efectiva dos ecosistemas litorais, segundo critican dende ADEGA. Así, concellos cuxas vilas e cidades carecen de tratamento para os seus efluentes (A Coruña, Vigo, moitos das rías de Pontevedra e Arousa), que ademáis practican un urbanismo depredador (Barreiros, Sanxenxo...), “ven premiada a súa mala xestión coa bandeira azul”, apostillan. Os ecoloxistas rematan explicando que as praias non son parques urbanos e a boa conservación dos ecosistemas naturais nada ten que ver coa calidade sanitaria e os servizos, e moito menos, coa masificación que a miúdo provoca a concesión deste galardón.

 

 

Este ano 2010, a FEE (Fundación de Educación Ambiental) através da súa filial española ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor) concedeu 132 bandeiras azuis no litoral galego, entre praias e portos. Para moita xente, usuarios e administracións, este símbolo converteuse en sinónimo de calidade ambiental e de litoral ben conservado. No entanto, ningún colectivo ambientalista apoia este distintivo, e cada vez máis concellos rexeitan pedir a Bandeira Azul que non atende a criterios ambientais e mesmo obriga a "humanizar" e "urbanizar" praias virxes, cos custos que isto conleva.

 

Bandeiras azuis cuestionadas

Dende hai varios anos, son moitos os colectivos e ambientalistas que ppoñen en dúbida estes premios outorgados ós areais pola falta de rigor, oficialidade ou ausencia de garantía das Bnadeiras Azuis, outorgadas por unha fundación que, a pesares da imaxe que durante anos se esforzaron en transmitir, nada ten que ver coa Unión Europea nin con organismos certificadores de calidade recoñecidos pola lexislación.

 

 

Máis que o respecto polo entorno natural e as prácticas sostibles, prémianse as infraestructuras e os servizos das praias e portos, moitas veces construidas en perxuizo dos ecosistemas destes lugares. Moitas destas bandeiras foron outorgadas a praias que presentan graves problemas ambientais: construcción ó mesmo borde dos arenais, vertidos a escasa distancia, dotacións de servizos realizadas sen respecto ó entorno, etc.

 

 

Por este motivo, son moitas as voces que se levantan para pedir que os Concellos non só dediquen os seus esforzos a adornar o “expediente” co que aspirar a estes galardóns, senón que a elo deberían de sumar o cumprimento dúns criterios mínimos de sustentabilidade e limpeza do entorno e das súas augas.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios