IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

EMPRESAS GALEGAS PARTICIPAN NUN PROXECTO DE PRODUCCIÓN DE BIOMASA A PARTIR DE MICROALGAS

 

A empresa conserveira Jealsa Rianxeira e Energía de Galicia (Engasa) son as dúas compañías galegas que colaboran, xunto con outras dúas empresas cántabras e a Universidade de Cantabria (UC), no proxecto denominado “Asistencia ó desenvolvemento de sistemas de produción de biomasa de microalgas basados en fotobiorreactores”, a través do que pretenden desenvolver un sistema que permita optimizar a produción de microalgas para obter biomasa con aplicacións en varios sectores como a enerxía, alimentación, acuicultura e farmacia.

 

 

Durante os próximos tres anos, as empresas, agrupadas no consorcio Bioser, e a UC traballarán no proxecto multidisciplinar que contempla os usos enerxéticos con biocarburantes de segunda xeneración, así como outros relacionados coa alimentación animal e subproductos para a alimentación humana (extracción de proteínas como aditivos para productos alimenticios), a extracción de esencias ou a elaboración de fármacos.

 

 

Ademais, a iniciativa pretende tamén lograr un método de produción e aproveitamento óptimo, cerrando o círculo da eficiencia. Nesta meta tamén xoga un papel importante outra fonte bioenerxética, os residuos xenerados ó procesar toda a biomasa, que se pretenden utilizar en plantas de producción de biogás. A este efecto positivo hai que sumar tamén o beneficio ambiental do proxecto, como destacan os seus  promotores, tanto polo aforro que se produce no consumo enerxético como na captación de dióxido de carbono (CO2) por parte das algas.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios