IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

O NOVO PLAN DE RESIDUOS DE GALICIA A INFORMACIÓN PÚBLICA ESTA SEMANA

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou esta mañá ante os membros do Consello Galego de Medio Ambiente (Cogama) os obxectivos plantexados no Plan de Xestión de Residuos de Galicia 2010-2020, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas someterá a información pública a vindeira semana. Explicou que un dos primeiros retos será, nunha primeira fase, estabilizar a produción de residuos en Galicia, en canto a peso e volume, diversidade e perigosidade, desvinculando a produción de residuos do crecemento económico. Nunha segunda fase, procederase a unha redución da xeración de RSU nun 10% respecto a 2009, ano no que Galicia xerou 1,2 millóns de toneladas de residuos sólidos urbanos

 

 

Ver Nota de Prensa  sobre noticia en:

 

www.xunta.es/actualidade?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos%2FNovas%2Fnova_estandar4558.html

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios