IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

GALICIA É A QUINTA COMUNIDADE DE ESPAÑA EN PRODUCCIÓN DE RESIDUOS INDUSTRIAIS

Durante o primeiro lustro da década do 2000, Galicia situouse como a quinta comunidade española en canto á producción de residuos industriais, despois de que no ano 2005 se reducise nun 10% a xeneración deste tipo de lixo, desprendido principalmente da actividade empresarial, con respecto ó ano anterior. Durante ese exercicio, a comunidade produciu en torno a 3,8 millóns de toneladas destes residuos, deixando de ocupar o terceiro posto do ranking nacional no que se atopaba ata ese momento.

              

 

En contraste con este descenso xeral, os residuos perigosos englobados dentro desta categoría aumentaron dende o ano 2000 ata o ano 2005 situándose en 140.000 toneladas, o que representa case un 4% do total, compostos principalmente por aceites usados.

 

 

As provincias de A Coruña e Ourense son as que maior cantidade de lixo industrial producen, concentrándose nestas dúas rexións o 90% do total de residuos producidos pola industria galega. No caso de A Coruña, as minas de extracción de lignito son as protagonistas desta producción mentras que no caso de Ourense é a extracción de lousa e pizarra a que provoca esta situación.

 

 

En canto ós sectores productivos, a industria manufactureira é a que ten maior peso na xeneración de residuos en Galicia, co 83% do total, seguida da mineiría, cun 11%, e do sector enerxético, cun 6%. Ámobolos dous sectores rexistraron durante 2005 un incremento da producción dos seus residuos en referencia ó exercicio anterior, mentras que o sector manufactureiro rexistrou una caída dende o 92% do total dos residuos xenerados na nosa comunidade en 2004 ó 83% de 2005.

 

Datos en España

 

Ó contrario do que ocorre na nosa comunidade, no conxunto do Estado aumentou a producción de residuos industriais no ano 2005 máis dun 7%, situándose en torno ós 60 millóns de toneladas e rompendo a tendencia á baixa que se rexistrara nos primeiros cinco anos da década do 2000.

 

 

Case a metade desta cantidade de lixo proviña do sector da mineiría, mentras que un 38% foi xerado pola industria manufactureira e un 14% polo sector enerxético, unha repartición que tamén difire bastante cos datos obtidos en Galicia, onde as empresas do ámbito manufactureiro eran as principais produtoras de residuos industriais.

 

 

Máis da metade da cantidade de residuos industriais xenerados en 2005 en España procedían de actividades mineiras ou da construcción, mentras que os residuos da combustión representaron case 10 millóns de toneladas e os restos animais e vexetais algo máis de 2 millóns de toneladas. Os residuos perigosos, algo máis de dous millóns de toneladas, ó igual que ocorría no caso de Galicia, tamén aumentaron dutante o ano 2005 nunha porcentaxe do 13%.

 

Concienciación do sector empresarial

 

En España, case a metade dos residuos industrial xenerados no ano 2005 no foron a parar ás instalación de empresas xestoras autorizadas para o seu tratamento senón que foron retirados por xestores non autorizados ou depositados en vertedeiros ilegais incumprindo así a normativa existente nesta materia.

 

 

O caso de Galicia é aínda máis graves se cabe, xa que hai cinco anos tan só o 38% dos residuos industriais que se producían na nosa comunidade eran tratados por xestores que contaban coas autorizacións necesarias para elo, é dicir, que máis dun 60% destes restos non eran tratados conforme ó disposto pola lei co conseguinte risco medioambiental que elo conleva.

 

 

Segundo os datos da Consellería de Medio Ambiente, no ano 2005 había máis de 200 vertedeiros ilegais e incontrolados nos que se depositaban todo tipo de residuos, incluidos os derivados da actividade industrial, que nos últimos anos se foron erradicando aínda que na actualidade seguen a ser moitos os que están operativos.

 

 

Ademais, hai outro factor significativo a resaltar neste apartado e é que, pese a que a maioría das empresas afirman contar con xestores autorizados para desfacerse destes residuos, case un 40% descoñecen cal é o destino deste material una vez que sae das súas instalación. Aínda que nos últimos tempos, coas novas normativas, a situación tendeu a mellorar levemente, o certo é que se fai necesaria unha maior  concienciación dos empresarios e un compromiso máis alto para lograr que a xestión deste tipo de materiais rexeitados, en moitos casos perigosos, non se convirtan en fonte de contaminación e, incluso, de risco sanitario para a poboación.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios