IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

ADEGA DENUNCIA A CONTAMINACIÓN PRODUCIDA POLO USO DE HERBICIDAS NAS ESTRADAS

 

O uso de herbicidas nas beiras das estradas para tratar de limpalas é una práctica moi común na nosa comunidade que, segundo poñen de manifestó dende a asociación ecoloxista ADEG, se está a incrementar coa crise, co conseguinte aumento dos efectos nocivos que o seu empleo ten no medio ambiente.

 

 

Segundo a plataforma galega, estas práticas, aínda que  son legais, “comportan serios riscos para a saúde dos ecosistemas e non eliminan o perigo de lunes”, senón que o incrementan “pola cantidade de mato seco que fica nas cunetas”. Ademais, “a chuvia arrastra os químicos que contaminan a terra e os acuíferos penetrando nas cadeas tróficas”, explican. Outro dos inconvintes do seu uso é que algunas especies invasoras e moi difíciles de erradicar como a Herba da Pampa sobreviven a estes fumigados polo que dende ADEGA recomendan como solución “substituir o uso de biocidas para o control da vexetación por rozas mecánicas selectivas que respecten as frondosas autóctonas, verdadeiros cortalumes naturais”.

 

 

Os agroquímicos con que se fumiga, entre os que se contan herbicidas sistémicos moi tóxicos coma o glifosato (coñecido pola marca ROUNDUP -popularmente randón ou rondón-) pasan á terra e á auga ou son inxeridos polos animais, mesmo os domésticos. Deste xeito, especies que non eran o obxectivo da fumigación vense expostas a estas substancias, que acabarán chegando ós consumidores. Por outra banda, resulta evidente que os métodos de rozado químico non supoñen unha maior seguridade contra os lumes, ben ó contrario: toneladas de biomasa seca permanece nas cunetas nas épocas de maior risco de lumes. A maiores disto, non existe practicamente control das práticas prohibidas á hora de fumigar, como non facelo preto de terras de cultivo e cursos de auga.

 

 

Dende ADEGA solicitan que cese o uso de herbicidas para a "limpeza" das estradas e que se sustitúan por métodos de rozado mecánico que, ademais de ser inocuos, crean máis postos de traballo e animan á cidadanía a denunciar estes casos para facer que as administracións cambien a súa conducta.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios