Actualidade
A FiscalÃa investigará unha concesión mineira nas Fragas do Eume
O Fiscal galego de medio ambiente, Álvaro García Ortiz, acordou abrir dilixencias pre-procesais para investigar o proceder da administración no caso da instalación dunha mina a ceo aberto nas Fragas do Eume. A decisión foi comunicada hoxe por membros de ADEGA, A. M. Augas Limpas, SGHN e Verdegaia, en representación de 16 colectivos veciñais e ambientais da zona, que denunciaron ante o fiscal a presunta ilegalidade cometida coa concesión da explotación de andalucita citada.
Para as organización ecoloxistas “a tramitación da mina de andalucita é outro exemplo de proceder chafalleiro e desleixo da admnistración pola conservación do noso patrimonio natural” segundo estas non se respectaron os prazos establecidos pola lexislación e o estudo de impacto ambiental presentaba escandalosas omisións, como non detallar os impactos da explotación mineira sobre o Parque Natural das Fragas do Eume”.
As organización denunciantes afirman que “a aprobación deste proxecto, suporía a eliminación definitiva e irreversible dunha das fontes principais do Río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas”.
Os colectivos promotores da denuncia van realizar, nos vindeiros días, un conxunto de actos explicativos á poboación da zona e concentracións de protesta contra a mina.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios






