IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

OS EUCALIPTOS AMEAZAN A CONSERVACIÓN DAS FRAGAS DO EUME

 

As Fragas do Eume, un dos bosques autóctonos atlánticos mellor conservados de Europa e declarado Parque Natural no ano 1997, está a sufrir graves transformacións nos últimos tempos por diversos motivos pero principalmente, segundo unha investigación realizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía da Universidade Rey Juan Carlos, pola “progresiva e desaforada plantación de eucaliptos”.

 

As conclusións deste estudo, encabezado polos investigadores galegos Alberto L. Teixido e Luis G. Quintanilla e que se acaban de publicar na revista internacional Journal of Environmental Management, apuntan a que este espazo natural galego perdeu nos últimos 50 anos o 20% do seu territorio mentras que a paisaxe de ribeira de abeleiras e ameneiros, que actúa como refuxio de especies únicas de fieitos, recortouse en 48 kilómetros e o bosque autóctono de macizos frondosos perdeu unhas 647 hectáreas.

 

Hai cinco décadas, o espazo ocupado polos eucaliptos dentro das Fragas só ocupaba un 6,9% do total da superficie do Parque Natural. Na actualidade, esta porcentaxe sitúase no 20% o que supón a triplicación da superficie de terreo adicado a esta especie en cincuenta anos. Segundo explican os autores do estudo, “estas plantacións reduciron a superficie dos bosques autóctonos e isto causa efectos sobre a conservación, abundancia e distribución das especies locais, algunhas delas xa ameazadas”.

 

A este efecto producido pola plantación de eucaliptos hay que sumar outros factores como a construcción dun embalse, rematado en 1960, que tamén contribúe ó deterioro do Parque Natural. O ecosistema ribeireño, un dos máis valiosos e característicos das Fragas do Eume, é o que máis afectado se está vendo por estas circunstancias vendo disminuido o seu hábitat nun 33,9% en só cincuenta anos.

 

Pero non só o Parque Natural coruñés é o que está sufrindo este deterioro nos seus terreos senón que segundo se desprende deste mesmo estudo os bosque galesgos perderon no último medio secúlo un 20% do seu territorio, debido principalmente a factores humanos.

 

Por este motivo faise necesaria a intervención da Administración para regular temas como o das plantacións de eucaliptos, poniendo en marcha actuacións que permitan manter os bosques orixinais e fomentar a conectividade biológica, avitando así a fragmentación.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios