IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

A Xunta vai elaborar un Plan de Xestión para os Lodos de Depuradora

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou no Diario Oficial de Galicia a adxudicacións do servizo para a redacción do Plan Rexional de Lodos de depuradoras de augas residuais.

A Xunta de Galicia investirá neste contrato, cuxo prazo de execución é de oito meses, un orzamento de 144.000 euros e que foi adxudicado á empresa Enxeñeiros e arquitectos consultores Idom, S.A.

Cómpre sinalar que o Plan de Saneamento de Galicia, que actualmente está en redacción, esixirá o cumprimento da lexislación europea e estatal en referencia á xestión dos lodos xerados nas depuradoras. Esta normativa salienta a obriga de realizar un tratamento adecuado dos lodos co fin de minimizar, reutilizar e valorizar este residuo, considerando o transporte a vertedoiro como a última alternativa.

Augas de Galicia, tendo en conta a relevancia económica e ambiental que significa a xestión de lodos de depuradoras, basea o contido do citado plan nos seguintes puntos: análise da normativa actual, a súa evolución e o marco competencial; situación actual e futura; sistemas de xestión en España e no extranxeiro e a súa aplicabilidade en Galicia; destinos finais dos lodos; control, seguimento e avaliación de impacto ambiental das actividades que implicará o seu desenvolvemento.

En conclusión, o Plan Rexional de Lodos estudará unha serie de alternativas avaliadas en función de aspectos económicos, ambientais ou sociais, determinando así a súa viabilidade. As diferentes solucións serán presentadas por áreas, distinguindo entre plantas depuradoras das grandes cidades, e agrupacións de plantas medianas e de pequeno tamaño.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios