IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

NOVA LEI DE AUGAS PARA A SEGUNDA METADE DO ANO

A Xunta de Galicia ten previsto presentar, na primeira quincena de xuño e cun considerable retraso sobre a intención inicial,  no Parlamento galego a nova Lei de Augas que, segundo as previsións do Ejecutivo, entrará en vigor na segunda metade do ano en curso.

 

O saneamento e a depuración das augas serán, segundo apuntan dende a Consellería de Medio Ambiente, os pilares básicos da nova normativa autonómica que incluirá novedades con respecto ó texto actual.

 

A primeira delas é a que afectará ós organismos públicos Augas de Galicia e a Empresa Pública de Obras Hidráulicas que se fundirán nun só ente que se ocupeará dos temas referentes á xestión da auga na nosa comunidade. Neste ámbito, Galicia afronta unha das maiores urxencias que é a de levar a cabo o cumprimento das premisas establecidas na Directiva marco da auga da Unión Europea no prazo previsto para elo. Dita normativa marco o ano 2015 como a data límite para que os países membros da Unión teñan todas as súas augas saneadas e en óptimo estado, enfrontándose a fortes sancións económicas de no caso de non levalo a cabo. Ante este reto, o executivo autonómico dificilmente poderá cumplir cos requisitos esixidos para o horizonte marcado no que a todas as poboacións galegas deberán contar xa cun sistema de saneamento para tratar as súas augas residuais.

 

Polo tanto, faise necesario dispoñer de sistemas eficaces de abastecemento, depuración e saneamento, o que inclúe redes de alcantarillado, colectores, depuradoras e emisarios submariños. O esforzo de construcción e mantemento de infraestructuras necesario para alcanzar este obxectivo tamén se verá refelexado na nova lei na que se contempla a regulación dun sistema tributario mediante o que os beneficiarios dos servizos de abastecemento e depuración cooperen na súa construcción e mantemento.

 

A segunda gran novidade deste texto normativo atópase na asunción por parte da Xunta das competencias de xestión das depuradoras que ata o de agora eran de titularidade municipal. Neste sentido, a nova Lei de Augas de Galicia propón que o Goberno asuma a xestión das estaciones depuradoras de aguas residuales (EDAR) sempre que así o requiran os concellos. Desta forma, a nova normativa declara de interese da comunidade o servizo de depuración. Nestes momentos, Augas de Galicia xestiona de forma directa 25 depuradoras pero o obxectivo da Xunta é asumir a xestión de 149 antes de que conclúa a lexislatura.

 

Un dos principias problemas que da pé a esta reforma é o alto coste que supón o mantemento destas instalacións para as arcas municipais de moitos dos concellos galegos con escasos recursos económicos. En Galicia existen na actualidade 112 depuradoras cuxo coste medio de mantemento anual é de 25 millóns de euros. No ano 2015, data fixada pola Xunta para o saneamento de poboacións con máis de 2.000 habitantes, o número de EDAR ascenderá a 157 e o seu coste de mantemento rondará os 63 millóns de euros.

 

Outra razón para este cambio é a problemática de funcionamento de moitas das EDAR galegas que polo seu tamaño, deseñado para poboacións máis pequenas sen ter en conta as previsións de crecemento das localidades, reducen a súa funcionalidade ata converterse nun grave problema medioambiental e en fonte continua de contaminación. Trátase dun problema ó que a nova lei debería de dar solución pero que só co paso do tempo veremos se se cumpre.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios