Actualidade
A XUNTA SAE Ó PASO DAS CRITICAS POR AUTORIZACIÓN DE TRANSXÉNICOS
A Xunta de Galicia cualificou hoxe de "irresponsables acusacións vertidas hoxe por representantes da autodenominada Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA). Nun comunicado, a Xunta de Galicia afirma que "quere deixar claro que non practica políticas escurantistas e, moito menos, cando se trata de temas relacionados coa bioseguridade. A Consellería do Medio Rural non ocultou nin oculta información sobre este tipo de cultivos, como pretende facer crer a PGA dende a súa postura irresponsable, maledicente e prexuiciosa".
Segundo a administración "convén clarexar, como primeiro punto, que non é competencia das comunidades autónomas autorizar ensaios con produtos ou sementes transxénicas. Os gobernos autonómicos, iso si, velan, e o fan de maneira sistemática, porque se cumpran tódalas medidas de bioseguridade axeitadas, fixadas e aprobadas por organismos científicos de primeiro nivel avalados pola Unión Europea, e adecuadas ás nosas características agrarias".
Vixilancia constante
A Xunta dí no seu comunicado que "estamos atentos e vixilantes para que, cando as administracións central e europea, a través da Comisión Nacional de Bioseguridade, proceden a autorizar algún ensaio a realizar na comunidade autónoma, a empresa operadora cumpra cos protocolos necesarios que garantan o illamento axeitado do cultivo, sempre segundo as indicacións do devandito organismo".
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios






