Actualidade
PROHIBICIÓN DE QUEIMAS, INCLUSO AS AUTORIZADAS, NO MONTE GALEGO
Ante as previsións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana, con altas temperaturas e forte vento do nordés, a Consellería do Medio Rural decidiu prohibir a realización de queimas nos montes galegos ata novo aviso.
Deste xeito, queda totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería.
Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas previstas para os vindeiros días.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios






