IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

REUNION XUNTA - GOBERNO CENTRAL PARA MELLORAS EN RESERVAS DA BIOSFERA

O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, reuniuse esta mañá co director general de Desarrollo Sostenible del Medio Rural do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Jesús Casas.

 

Un dos temas tratados foi a proposta do Convenio para as Reservas da Biosfera Xurés-Gêrés e Río Eo, Oscos e Terras de Burón. No caso da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gêrés, os obxectivos marcados céntranse na identificación de actuacións de promoción e divulgación da reserva, de capacitación á poboación local e público especializados; así como medidas de conservación e de fomento do desenvolvemento sostible da Reserva.

 

En canto á Reserva do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a Consellería do Medio Rural plantexou unha serie de actuacións encamiñadas á mellora do estado de conservación de recursos naturais ameazados, xunto con accións de comunicación e difusión da Reserva, entre outros.

 

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios