Actualidade
A USC PARTICIPA NUN PROGRAMA NACIONAL DE DETECCIÓN DE GAS RADÓN
O pasado mes de novembro, o Consello de Seguridade Nuclear encargou a?s Universidades de Cantabria, Santiago de Compostela e a? Auto?noma de Barcelona a realizacio?n de 8.000 medidas da concentracio?n de gas rado?n en vivendas ó longo da xeografi?a estatal.
O rado?n e? un gas radioactivo de orixe natural que emana do uranio presente nas rochas grani?ticas e que, segundo a Organizacio?n Mundial da Sau?de, e? responsable de entre o 3% e o 14% das mortes por cancro de pulmo?n. E? por isto, polo que se quere dispor dun mapa de rado?n cunha medida cada 100 km2 que complete o mapa xa existente que cubre fundamentalmente as zonas xeogra?ficas cun alto nivel de radiacio?n. Con estas medidas, ademais, poderanse localizar as zonas de alto risco e, no entanto, facer recomendacio?ns para que se constru?a a proba de rado?n.
En Galicia, as medicio?ns levaranse a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela, cuxo proxecto estara? coordinado polo profesor Xoan Miguel Barros Dios, director do Laboratorio de Rado?n de Galicia e que ven ampliar ao resto do Estado espan?ol o Mapa de Rado?n de Galicia, a piques de se presentar neste ano, realizado polo mesmo grupo de investigacio?n da USC e que conta con ma?is de 2.500 casas medidas. Para o desenvolvemento das medicio?ns e as tarefas de divulgacio?n informativa, a USC contara? tame?n coa colaboracio?n de organizacións como ADEGA.
Galicia esta? situada sobre a lingua grani?tica que se estende desde as illas Brita?nicas, e penetrando na peni?nsula forma parte do chamado Macizo Herci?nico, formado por materiais rochosos de tipo grani?tico. Este tipo de rocha conte?n unha certa proporcio?n de uranio que se descompo?n, de xeito natural, en elementos radioactivos entre os que se encontra o rado?n. Este gas ten un peri?odo de vida moi curto descompoñéndose rapidamente; pero pode penetrar nas vivendas ou locais dende o subsolo das casas con deficiente ventilacio?n, pode?ndose acumular e ser inhalado polas persoas a trave?s da respiracio?n. Ao ser radioactivas, estas emisio?ns son axentes mutaxe?nicos e canceri?xenos.
Coincidindo con esta investigación, a organización ecoloxista ADEGA afirmou que “é preciso que as Normas do Ha?bitat elaboradas pola Xunta de Galicia retomen o que estaba disposto nas anteriores e contemplen as medidas correctoras necesarias para evitar os riscos do gas rado?n nas vivendas situadas nas zonas de maior incidencia, que sera?n localizadas por este estudo, tal como recollen as poli?ticas de reducio?n de rado?n de numerosos pai?ses dende hai ma?is de tres de?cadas”.
Máis información sobre o Gas Radón: www.galiciaambiental.net/reportajes1.php?id=19
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios






