Actualidade
DECÁLOGO ADEGA EN EL DIA MUNDIAL FORESTAL
Coincidindo coa celebración, maña do día mundial forestal, a organización ecoloxista ADEGA ven de convidar ós galegos a participar nos actos organizados con tal motivo e, maís ala de accións puntuais ou simbólicas, publica un decálogo que servirá para que contribuamos a unha mellora importante na meteria:
1º Usa papel reciclado: o papel reciclado evita que se corten árbores. Levar o papel vello ao contentor azul e mercar e empregar papel reciclado habitualmente evita que se teñan que cortar novas árbores, realizar monocultivos... así como aforrar enerxía e auga. Hoxe en día existen moitas calidades e tipos de presentación de papel reciclado; reciclado normal, para fotocopiadora, en cadernos, etc., a un prezo semellante ao papel de pasta de árbore. Non debemos confundir o papel reciclado co ecolóxico, este último é o que se realiza con pasta virxe de árbore pero se blanquea sen cloro, produto moi contaminante.
2º Solicita unha compra verde de papel reciclado ao teu concello, empresa, etc: as compras verdes implican criterios medioambientais xunto aos de adxudicar a compra dun ben/ou servizo a un licitador. Para facilitar as mercas sustentabeis referidas ao papel as empresas, concellos, etc, poden propoñer diferentes criterios ambientais: revisar as especificacións de compra e contratos, demandar aos proveedores información sobre alternativas ecoloxicas, etc. Gobernos como o de Aragón ou Catalunya xa o fixeron, e concellos como Zaragoza, Barcelona, Córdoba, Pamplona, etc, ou as Universidades de Valencia, Autónoma de Madrid, Politécnica de Barcelona... tamén. Para cando unha entidade galega nesta listaxe?. Se tes un posto de responsabilidade pon en marcha esta iniciativa senon, demándaa.
3º Apúntate ao voluntariado forestal: o voluntariado ambiental é unha das maneiras que a cidadanía ten de participar na conservación do medio. Dende diversas administracións, concellos, universidades, ONGs, etc. estanse a realizar actividades de voluntariado para a recuperación e mantenemento do noso patrimonio forestal. Infórmate en ADEGA. Hai moitas maneiras de conservar o noso patrimonio forestal.
4º Merca productos co selo FSC: a eco-etiqueta FSC que lucen algúns productos indica que procede dunha explotación forestal ambientalmente apropiada, socialmente xusta e economicamente viábel. A finalidade desta certificación é mellorar a xestión dos bosques e asegurar un mercado para estes produtos.
5º Que as árbores non te impidan ver o monte, e as dunas, e as matogueiras…: as árbores son as especies típicas que se plantan neste día forestal, pero pensa que o bosque é un ecosistema máis dos moitos que temos na nosa terra (dunas, turbeiras, montañas, etc). Se non podes celebrar hoxe o día da árbore seguramente poderás participar outro día en proxectos de recuperación de flora dunar, repoboación de bosques de ribera ou na eliminación de especies invasoras.
6º Evita as madeiras tropicais: a hora de mercar un moble evita as madeiras tropicais, moitas delas proceden da extracción ilegal, nas que ademáis de arrasar con bosques enteiros expulsan as poboacións indíxenas que dende fai centos de anos ocupan esas terras. Merca mobeis antigos, de segunda man ou de plantacións co selo FSC.
7º Reutiliza a madeira vella: a hora de facer traballos da horta ou no xardín emprega madeiras vellas ou usadas. As táboas dun palé usado ben poden empregarse para facer un pequeno valado ou un composteiro. Recorda que o “R” de reusar é a seguinte en importancia logo do “R” de reducir.
8º Reivindica plantacións con árbores autóctonas: antes de organizar unha plantación pensa que especies vas plantar, onde, consigue os permisos e mira a lexislación sobre as distancias até as casas, as fontes, etc. Moitos concellos están a sacar ordenanzas municipais nesta liña.
9º Colabora na eliminación de especies invasoras: moitas especies alóctonas están a desprazar e invadir espazos de vexetación autoctona. Colabora con ADEGA na erradicación de especies invasoras.
10º Faite socio/a de ADEGA: a participación nunha entidade ecoloxista é unha maneira máis agradábel e proveitosa de loitar contra as agresións ao medio. En compaña os traballos son máis levadeiros e xuntos/as podemos facer máis cousas. Os incendios forestais, as talas indiscriminadas, os monocultivos, a perda da fertilidade do chan, e otras actividades humanas está a reducir de maneira considerábel os bosques.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios






