IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Actualidade

MEDIO RURAL PROMOVE OS VALORES DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

A Consellería do Medio Rural acaba de poñer en marcha o programa educativo “Coñece as Illas Atlánticas” que presenta cada ano o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, co obxectivo de que os estudantes coñezan os valores deste espazo natural e se impliquen na súa protección e conservación.

 

O programa promove, ó longo do mes de fbreiro, que guías do propio parque se despracen ata os centros públicos e concertados pertencentes aos catro municipios da área de influencia socioeconómica do P.N. Illas Atlánticas (Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira) para levar a cabo unha serie de actividades que acheguen ós alumnos os valores naturais e culturais do Parque.

 

As charlas e proxeccións onde se analizarán os aspectos e valores máis relevantes do espazo natural protexido, así como un xogo de simulación onde os alumnos poderán opinar e debater sobre diversos aspectos do Parque Nacional serán os métodos empregados para divulgar os seus valores e promover este espazo natural esntre os estudantes máis xóvenes. Este programa educativo tamén ofrece unha actividade opcional que consiste nun concurso entre todos os centros participantes que avaliará a comprensión e adquisición de conceptos por parte do alumnado.

 

Ademais do estudo dos traballos presentados ao concurso e os niveis de participación no mesmo, a avaliación por parte dos profesores tamén é unha parte moi importante neste programa educativo para os alumnos en particular e para os propios organizadores en xeral. Co obxectivo de mellorar na organización e na metodoloxía do programa, os guías entregarán unhas enquisas avaliativas dirixidas a todos aqueles docentes que participen nestas actividades.

 

O Parque Nacional das Illas Atlánticas

As Illas Atlánticas, conformadas por Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, constitúen o primeiro e único Parque Nacional de Galicia dende o 13 de suño do ano 2002. Stuado nas Rías Baixas e declarado de interés xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe, conta con 1.200 hectáreas de expansión terrestre e 7.200 marítimas.

 

 

 

 

Máis información sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas na sección Espacios Naturais.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios