Actualidade
GALICIA INCREMENTA A SÚA POTENCIA EÓLICA INSTALADA
A Xunta de Galicia afirmou hoxe que "traballa intensamente e coa máxima celeridade para minimizar os efectos do parón eólico herdado da xestión do anterior Executivo e conseguir situar definitivamente ao sector eólico galego nunha posición de liderado".
O Goberno sustenta esta afirmación no feito de que, "en sete meses se teñen autorizado un total de 220,65 megavatios. Namentres, o Goberno anterior en toda a lexislatura autorizou 558,63 megavatios, de xeito que en menos dun ano o novo Executivo galego licitou máis da metade dos megavatios autorizados polo Goberno anterior".
No presente mes de febreiro a Xunta concluíra a admisión a trámite dos 200 megavatios pendentes dos plans estratéxicos orixinados nos anos 90 e en marzo convocarase o concurso eólico para os 2.300 megavatios, do proceso de repartición non concluído pola anterior administración en carto anos. Ademais, o Goberno galego está a tramitar un decreto de repotenciacións que permitirá un incremento da potencia eólica en Galicia, sen afectar aos 2.300 megavatios obxecto do concurso que se vai a convocar no vindeiro mes.
A Xunta, cualificou de " incoherencias do Goberno central" o que se refire ao establecemento e xestión do rexistro de preasignacións na retribución das enerxías renovables, e máis concretamente na enerxía eólica. Segundo o Goberno galego, o central "invade as competencias autonómicas neste eido e está a establecer unhas cotas e prazos para a entrada en funcionamento dos parques eólicos que a administración galega non comparte".
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios






