IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Especies naturais

 

Nome galego:   Algaria

Nome castelán:   Gineta

Nome científico:   Genetta genetta (subespecie genetta)

 

Características: carnívoro de tamaño mediano e de corpo alongado e flexible. Ten unha cabeza moi pequena con grandes orellas e un fuciño afiado con abundantes vibrisas táctiles. Conta cun excelente olfato e oído. Os ollos son grandes co iris pardo alaranxado e a pupila vertical. Animal con boa visión nocturna. As extremidades son curtas e musculadas, coas mans e os pés pentadáctilos, con unllas finas e semiretráctiles, pero cando camiña só quedan marcados catro dedos e a almofadiña central. A súa cola longa e característica, ten unha lonxitude superior ó corpo máis á cabeza, o que lle resulta moi útil cando se despraza saltando ou agatuñando. O corpo ten unha coloración cincenta, algo amarelenta, cuberta de manchas begras de tamaño variable e aliñadas lonxitudinalmente, polo dorso esas manchas convértense nunha liña. O fuciño posúe dúas manchas escuras, unha a cada lado, e outra branca baixo os ollos. O rabo posúe de oito a dez aneis alternativamente grises e negros. Os pelos do lombo e a cola ourízanse cando o animal se asusta ou quere aparentar maior tamaño. Este patrón de coloración resulta moi útil á hora de camuflarse. Os machos son lixeiramente máis grandes que as femias.

 

Costumes: acadan a madurez sexual ós dous anos de vida. O celo vai dende xaneiro ata setembro, con picos de maior actividade entre os meses de febreiro e marzo, aínda que é frecuente que teñan celos noutras épocas do ano. As algarias son territoriais e os dous sexos fan vidas separadas, excepto nas épocas de celo. O período de xestación dura entre 55 e 65 días, despois dos que nacen entre unha e catro srías, ás que pairen no niño para o que a nai busca un sitio seguro, nos niños das árbores, no chan entre matogueiras intransitables ou entre rochas ou fendiduras naturais. As crías, que nacen cos ollos pechados, son aleitadas entre dúas e tres semanas e despois aliméntanse con leite e presas cazadas pola nai. Entre os seis e os nove meses as crías xa cazan por elas mesmas pero non abandonan a gorida ata o seguinte ano, coincidinco co periodo de celo da nai. Soen ter entre un e dous partos ó ano, xeralmente entre marzo e novembro. Son animais que se mostran activos durante a noite, pero principalmente ó comezo e fin desta. Nos percorridos nocturnos utiliza sempre a mesma ruta que marca ouriñando, defecando ou coas hormonas segregadas polas glándulas perianais. Aliméntase de micromamíferos, aves coellos e froitos de tempada.

 

Distribución: trátase dunha especie forestal aínda que tamén ten presencia en lugares penedosos ou con cantís nos que a vexetación sexa abondosa. A algaria é un animal autóctono abundante en toda Galicia.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios