Especies naturais
Nome galego: Teixugo
Nome castelán: Tejón
Nome cientÃfico: Meles meles (subespecie marianensis)
Características: o teixugo é un mustélido de gran tamaño que está moi ben dotado para a vida subterránea, corpulento e co rabo pequeno. Ten extremidades curtas e musculadas, ben adaptadas para cavar. Pés pentadáctilos e plantígrados, con fortes gadoupas nas extremidades anteriores que utiliza para cavar. Ten a cabeza triangular cos ollos reducidos, sobre os que destacan unhas pestanas sedosas. Esta especie conta cun excelente olfato para buscar o alimento. Posúe unha gran sensibilidade no fociño, dotado dunha certa mobilidade na punta capaz de fozar e levantar tubérculos e miñocas. As orellas son pequenas e redondeadas. Unha das súas características é o patrón de coloración da cabeza, baseado nunha serie de liñas brancas e negras lonxitudinais que a percorren. Ten un anteface negro que percorre os ollos. Pola zona dorso-lateral a coloración é cincenta. Os pelos forman capas alternas de cores grises, grises amarelentas e negras, formando aneir e rematando en negro na punta. Baixo esta capa de pelo ten outra de borra máis sedosa e de cor branco sucio. O ventre e as extremidades son de cor negro. As femias son lixeiramente máis pequenas que os machos.
Costumes: a madurez sexual ten lugar entre os 12 e os 15 meses, para os machos pódese extender ata os dous anos. Calquera é poca do ano serve para o apareamento dos teixugos, sendo máis frecuente entre marzo e setembro. Uns días previos ó apareamento, o macho acosa con insistencia á femia ata que esta cede e se produce a cópula. A implantación do óvulo é atrasada, entre tres e dez meses, unha vez se produza a xestación real será duns 65 días. As camadas son de entre dúas e seis crías que nacen na seguridade da gorida. Ós tres meses, os cachorros comezan a comer alimento sólido e fan os seus primeiros percorridos fóra da gorida coa nai. As crías independízanse no outono pero no abandonan o clan ata o ano seguinte. É frecuente que os clans familiares estén formados por un macho dominante e unha femia matriarca coas crías dese ano e do anterior. Marcan o seu territorio con letriñas escavadas na terra. Para a comunicación intraespecífica posúen glándulas olorosas. É un animal de actividade exclusivamente nocturna e de alimentación omnívora (invertebrados terrestres, roedores, froitas...).
Distribución: presente en gran variedade de hábitats, especialmente bosques con boa cobertura vexetal e con predilección polos terreos accidentados. Trátase dunha especie autóctona abondosa en toda Galicia.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios







