Especies naturais
Nome galego: Toupa cega
Nome castelán: Topo ibérico
Nome cientÃfico: Talpa occidentalis
Características: é a máis pequena das toupas ibéricas. Ten o corpo alongado e cilíndrico e carece de pescozo. O fociño afiado, sen trompa e desprovisto de pelos. Ten os ollos tapados por unha membrana translúcida que non lle premite ver. Non posúe pavillóns auditivos externos. O rabo é curto e moi peludo. As extremidades anteriores están transformadas en pas, para facilitar a acción cavadora, e teñen cinco dedos con fortes e longas unllas. As patas traseiras son pequenas e adaptadas para camiñar polo interior das galerías que excavan. A cor do pelame é negro brillante con reflexos prateados, con vibrisas de cor brancosobre o fociño e os beizos. Nas extremidades anteriores destacanuns escasos pelos brancos sobre a pelaxe negra.
Costumes: o período de celo vai de marzo a maio e durante ese tempo os machosteñen os testículos moi grandes, voltando ó seu tamaño normal unha vez rematada esta situación. O tempo de xestación é de 28 días, tras os que a femia pare na gorida, excarvada baixo terra, catro crías nunha única camada ó ano. Estas galerías onde paren soen estar tapizadas de follas secas, gramíneas e musgo. Cando as crías están xa crecidas saen á superficie para cavar as súas propias galerías, que están conformadas por complicadas redes de cámaras subterráneas de entre cinco e trinta cenímetros de profundidade. Ademais da gorida destinada á cría, poden ter outras adicionais como almacén ou lugar de descanso. As toupas aliméntanse de miñocas, larvas, escarabellos ou grilos que detectan grazas ás vibrisas táctiles do fociño e o rabo. Esta especie ten que buscar alimento de forma constante xa que non pode estar moito tempo sen comer, inxerindo uns 50 gramos de alimento diario. Son animais solitarios durante todo o ano, convivindo machos e femias tan só durante o celo.
Distribución: en Galicia, o límite altitudinal para a presenza desta especie autóctona está nos 1.600 metros. Está presente en calquera tipo de solo, aínda que os prefire cunha certa humidade. así, podémola atopar en terras de labradío, prados de sega ou zonas posdunares, chegando ata a liña máis alta da marea.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios







