Especies naturais
Nome galego: Coello bravo
Nome castelán: Conejo
Nome cientÃfico: Oryctolagus cuniculus (subespecie algirus)
Características: corpo menos atlético e flexible que as lebres e cun tamaño menor. Ten uns ollos negros moi evidentes e as orellas grandes que, ó dobralas cara a adiante, non esceden o fociño. A cola é curta con forma de borla e está recuberta por moitos pelos longos. As extremidades posteriores están adaptadas para dar carreiras rápidas e curtas. Mnas pentadáctilas e pés tetradáctilos, con fortes unllas rectas que lle permiten cavar longas galerías. A coloración é uniforme e variable segundo os individuos, aínda que polo xeral soe ser pardo ou gris, coa parte inferior da cola branca e a superior negra. Acara interna dos pavillóns auditivos é branca. Presenta borra invernal frecuentemente de cor gris coas puntas avermelladas.
Costumes: pode ter actividade reproductora ó longo de todo o ano pero está condicionado á abundancia e calidade do alimento, así como ó fotoperíodo ou factores climatolóxicos adversos. En anos bos pode chegar a ter cinco camadas, excepcionalmente máis, de entre 3 e 6 capazos xestados tras uns 30 días. é un animal de actividade crepuscular e nocturna e durante o día permanecen xuntos nas coelleiras.
Distribución: o seu hábitat é o monte baixo con claros. É unha especie autóctona galega e moi abondosa e amplamente distribuida por todo o territorio de Galicia.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios







