IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Especies naturais

 

Nome galego:   Visón americano

Nome castelán:   Visón americano

Nome científico:   Mustela vison

 

Características: case idéntico ó visón europeo en canto á forma e ó tamaño. Ten máis gama de cor na pelaxe e carece de mancha no beizo superior. O negro é o máis habitual de ver en Galicia por mor das irresponsables "soltas" realizadas en granxas de cría en cautividade para aproveitamento peleteiro.

 

Sinais: similares ás do visón europeo. A súa voz é un berrido cando está alarmado e un ronroneo coas crías que traen ó mundo unha vez ó ano. Especie polígama.

 

Costumes: nocturno ou crepuscular, nalgúns lugares tamén diurno. Tolerante coa figura humana, coloniza incluso vertedoiros de lixo. Bo nadador e buceador, sae da auga para marcar o seu territotio con excrementos. A súa alimentación é a base de animais acuáticos pero non fai ascos ás especies de corral.

 

Distribución: habita nas márxenes de zonas húmidas. Ás veces atópase lonxe da auga, incluso en granxas e hortas. É unha especie abundante en Galicia. Poboacións locais repartidas por diversos puntos da xeografía española.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios