Especies naturais
Nome galego: Visón europeo
Nome castelán: Visón europeo
Nome cientÃfico: Mustela putorius (subespecie putorius)
Características: lonxitude da cabeza e corpo de 35 a 40 cm., cola de 23 a 14 cm. e peso de ata 800 gr. Corpo alongado con extremidades curtas, cabeza maciza con orellas e ollos pequenos. A cor, en xeral, é pardo roxiza, con mancha branca no mentón inferior que pode chegar ata o beizo superior.
Sinais: as súas pegadas marcan cinco dedos con unllas e, entre elas, unha almofadilla trilobulada. Excrementos en forma alongada, escuros e con cheiro a peixe. Outras sinais que deixa son os restos de peixes nas beiras. A súa voz son berridos agudos.
Costumes: é un animal nocturno e solitario. Bo nadador e buceador. Instálase preto da auga en madrigueiras de outro animal ou nunha oquedade. Non hiberna e aliméntase a base de animais acuáticos. A xestación é de dous meses cunha camada de 3 a 6 crías.
Distribución: habita nas márxenes dos ríos e encharcamentos. As súas poboacións na peninsula son marxinais, expulsados pola contaminación e e4species alóctonas como o visón americano. Quedabn escasos exemplares no sur e este do País Vasco, Navarra e parte da cordillera Cantábrica.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios







