Especies naturais
Nome galego: Tourón, furón bravo
Nome castelán: Turón
Nome cientÃfico: Mustela putorius
Características: lonxitude da cabeza e do corpo de 31 a 45 cm. e a da cola de 12 a 19 cm. Peso de entre 500 e 1.500 gr. As femias son máis pequenas que os machos e menos pesadas. Corpo forte e alongado, cabeza aplastada e fuciño redondeado. Orellas pequenas e redondeadas. A pelaxe é áspera e longa, co dorso pardo escuro cunha barra de cor amarela nos flancos. Patas e cola case negras e cara clara cunha mancha negra arredor dos ollos.
Sinais: excrementos en forma de embutido de 6 a 8 cm. de longo po 9 mm. de ancho, negros e cun cheiro moi desagradable. Soen depositalos preto dos ríos. As súas pegadas teñen cinco dedos con unllas. Os seus comedeiros localízanse nas marxes de zonas húmidas con restos de presas (anfibios, peixes...).
Costumes: animal crepuscular e nocturno. Desprázase a saltos con lombo curvado. Cndo se alarma produce secrecións desagradables ó olfato. Utiliza antigas madrigueiras de coellos e ocos das árbores para facer as súas madrigueiras. O celo prodúcese a finais do inverno ou na primavera. A xestación dura 6 semanas con partos de 1 a 7 crías.
Distribución: ten preferencia polos terreos próximos á auga. De vida solitaria esta presente en toda Galicia ainda que en poboacións reducidas.
© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.
Diseño Novosmedios







