IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Especies naturais

 

Nome galego:   Armiño

Nome castelán:   Armiño

Nome científico:   Mustela erminea (subespecie aestiva)

 

Características: lonxitude de 22 a 34 cm., cola de 8 a 15 cm., pé posterior de 3 a 5 cm e peso de entre 100 e 300 gr. A femia é un tercio máis pequena que o macho. Ten o corpo alongado e flexibel, extremidades curtas e as orellas erectas e redondeadas. A súa cor é diferente segundo a época do ano: no verán é pardo roxiza por enriba e branco amarelenta por debaixo, mentras que no inverno se volve totalmente branca.

 

Sinais: os seus excrementos son negros, de 5 a 7 cm. e deposítanos en lugares elevados preto das goridas. As pegadas son de 5 dedos, con unllas e almofadiña central trilobulada. A pegada do pé anterior mide 2 por 2,5 cm. e a do pé posterior 3 por 1,3 cm. A súa voz trátase dun ladrido breve cando está en estado de alarma.

 

Costumes: é un animal nocturno. Caza en solitario ou en pequenos grupos familiares. É un animal con grande facilidade para agatuñar e nadar. Desprázase a saltos. É pouco esixente coas súas madrigueiras: paredes vellas, matoxos... O apareamento prodúcese no verán e as crías nacen na primavera seguinte, grazas a unha implantación retardada. As camadas son de 4 a 12 crías. A súa dieta é a base de micromamíferos, aves e lagartos, aínda que tamén consome anfibios e ovos de paxaros.

 

Distribución: o seu hábitat é variado, aínda que prefiren vals con ríos. Habitan o norte da Península Ibérica, co río Douro como límite. Poboación escasa e en regresión.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios