IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Especies naturais

 

Nome galego:   Raposo

Nome castelán:   Raposo

Nome científico:   Vulpes vulpes (subespecie silacea)

 

Características: tamaño medio, cabeza ancha e fuciño puntiagudo; orellas grandes e triangulares. Lonxitude de 60 a 90 cm, a altura da cruz sitúase en 35-40 cm. Opeso é de entre 6 e 7 kilos. Cola empenachada de 35-40 cm. A pelaxe é entre parda roxiza e parda grisácea co ventre branco ou negruzco. De alimentación oportunista é facil atopalo no entorno de vertedoiros.

 

Sinais: as pegadas son de 5,5 cm. de lonxitude por 4 de ancho. Pegada mási estilizada que a do can. Os excrementos teñen forma de embutido espiral con punta torta e afinada, depositados en zonas prominentes cando o fan con motivos territoriais. As súas madrigueiras están excavadas en ladeiras orientadas cara ó sur, con chans areosos. cada unha delas soe ter varias entradas. A súa voz consiste nun son ronco e lastimeiro na femia, mentras que no macho trátase dun son ben vocalizado.

 

Costumes: é un animal crepuscular, solitario excepto na época de celo. Bo corredor e capaz de subir ás árbores. O celo prodúcese entre decembro e febreiro. A xestación dura 52 días e os partos máis frecuenntes son de 4 a 6 crías.

 

Distribución: habita todo tipo de paraxes nos que se poida agochar. O seu hábitat típico é o monte baixo. Está presente en toda Galicia e as poboacións son moi abundantes, perxudicando en moitos casos a supervivencia doutras especies. A eliminación de fontes impropias de alimentación (vertedoiros) e o seu aproveitamento (debidamente regulado) como especie cinexética son as fórmulas de control máis axeitadas.  

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios