IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Especies naturais

 

Nome galego:   Lobo

Nome castelán:   Lobo

Nome científico:   Canis lupus (subespecie signatus)

 

Características: aspecto de can grande. Lonxitude de 130 a 135 cm., cola de 30 a 40 cm. e entre 25 5 50 kilos de peso. Cabeza e fuciño puntiagudo, ollos triangulares de cor dourado ou ambarino e patas longas e fortes, con cinco dedos nas dianteiras e catro nas traseiras. Pelaxe longo e denso en inverno e curto e ralo en verán.

 

Sinais: as pegadas do lobo deixan marcadas catro almofadiñas grandes e separadas e as unllas deixan marca fonda e clara. Os seus excrementos aparecen sobre elementos prominentes para demarcación do territorio. A voz de lobo é un oubeo característico. Soe habitar zonas boscosas de abundante matorral.

 

Costumes: o lobo é un animal nocturno debido ás presións humanas. Vive en grupos con xerarquías organizadas a través dunha linguaxe ritual. O celo prodúcese entre finais de xaneiro e mediados de marzo. A xestación é de 60 días con partos de 5 a 7 cochorros que teñesn un periodo de lactancia de 3 a 5 semanas.

 

Distribución: na actualidade existen na Península Ibérica sete poboacións diferentes: a zamorano-portuguesa, a astur-leonesa, a burgalesa, a galaica, a andaluza, a salmantina e a extremeña. En Galicia as poboacións manteñense nun nivel aceptable.

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios