Características: é o animal de menor tamaño da familia dos Sorícidos. Ten o fuciño afiado e as orellas pequenas, cubertas de pelo. A cola, cuberta de pelo máis escuro por arriba e máis claro por abaixo, representa preto de tres cuartos da lonxitude ca cabeza e o corpo. Esta vai perdendo pelo coa idade, chegando a quedar case pelada. As extremidades son pentadáctilas. O pelame é bicolor, pardo por arriba e cincento claro pola zona do ventre, mentras que os pés son case brancos. No inverno, estas tonalidades escurécense e os pelos acadan maior lonxitude.
Costumes: o periodo de celo vai dende abril ata setembro, con dúas camadas ó ano de entre dúas e oito crías. Acadan a madurez secual ó ano de nacer ou incluso antes. O periodo de actividade é continuo, tanto de día como de noite, con franxas de descanso de dúas ou tres horas. Aliméntase a base de pequenos invertebrados, en especial miñocas de terra, cempés ou grilos.
Distribución: é unha especie con presenza dende as zonas próximas ó mar ata a montaña, pasando por prados e bosque húmidos con densa cobertura vexetal. O furafollas pequeno é un animal autóctono que está presente en case toda Galicia, agás na zona sureste de Ourense.