IdiomaEcoboletinAxencia prensaQuienes somos

Espazos Naturais

A COMARCA DA LIMIA, UNHA ZONA ÚNICA PARA AS AVES

A comarca da Limia, cuia capital é Xinzo de Limia, atópase ó sur da provincia de Ourense. A comarca pode dividirse en duas partes diferenciadas; a Alta Limia e a Baixa Limia, que forma parte do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Toda a comarca se sitúa nunha grande chaira ou depresión, rodeada de elevadas áreas montañosas, e conta cunha grande riqueza paisaxística e ecolóxica, que veu desestabilizado o equilibrio dun hábitat tradicionalmente húmido hai uns corenta anos coa desecación da Lagoa de Antela.

O río Limia artella a comarca, perecorréndoa de nordeste a suroeste para ir a desembocar en Portugal, concretamente na localidade de Viana do Castelo. Trátase do río máis importante da zona e o seu cauce conflúe en Ponte Liñares coa canle da antiga Lagoa. O río Salas é outro dos cursos fluvias máis resaltables de A Limia.

A fauna e a flora da comarca víronse fortemente afectadas pola desecación da Lagoa. Sen embargo, este espacio natural ourensá segue a ser un dos preferidos, principalmente polas aves, que chegan a nidificar a estas terras. Antes da desaparción da Lagoa, existían na comarca arredor de 265 especies animais identificadas que descenderon notablemente coa falta de auga. Aínda así, A Limia segue a ser un lugar de especial importancia para a protección da fauna, en especial das aves. Por este motivo, a Xunta de Galicia acaba de declarala Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), levándoo así á súa inclusión directa na rede Natura 2000, co compromiso de establecer medidas de conservación axeitadas para evitar o deterioro dos hábitats destas aves que viven en estado silvestre. A superficie total da ZEPA "A Limia" será de 6.939 hectáreas, cunha zona periférica de protección de 7.558,6 hectáreas, que non afectará e seguirá a respetar os usos agrarios tradicionais da zona, actividade económica principal da comarca.

En canto á flora, o espazo limiano conta cunha gran masa boscosa mixta ou "bosqueira", formada por distintas categorías de vexetación autóctona propia dos prados e terras de labor, así como das beiras dos ríos. Segundo os niveis do terreo pódense distinguir diferentees tipos de vexetación. Así, na zona da Lagoa e das veigas dos ríos pódese atopar abundante vexetación acuática mentres que no resto do terreo están moi presentes os arbustos, que forman sebes ou marcos naturais, e grandes masa arbóreas, aínda que coa desecación da Lagoa despareceu tamén unha boa parte da vexetación da zona.

A Lagoa de Antela

A Lagoa de Antela foi un dos espazos naturais máis importantes de Europa polo gran número de especies de fauna e de flora que habitaban no seu ecosistema. Atopábase no interior da comarca da Limia, concretamente na alta Limia, e contaba cunha extensión de 7 km. de longo, 6 de ancho e 35 de perímetro. A Lagoa abarcaba parte dos concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e Porqueira.

Este lugar, fonte inesgotable de lendas, foi ademais un espazo importante pola súa rendibilidade económica que, en moitas ocasións, tropezaba coas ideas dos grupos ecoloxistas que non sempre viron con bos ollos as fórmulas que se levaron a cabo para o aproveitamento deste terreo.

Un decreto de Franco, no ano 1956 materializou os intentos anteriores de desecar a Lagoa. No ano 1958 comezaron os traballos para materializar este proxecto e canalizar a auga coa intención de sanear o terreo e aproveitalo para usos agrícolas, ó pouco tempo despois seguiu o proceso de concentración parcelaria dos terreos do lugar. Os usos agropecuarios e de extracción areeira marcaron dende ese momento a actividade do que antes fora un importante acuífero.

Dende hai varios anos, a Unesco, a Deputación de Ourense e os Concellos ós que pertencía a Lagoa de Antela están a desenvolver un programa de recuperación de este espazo natural, grazas á extracción de area por parte das graveiras da zona. A auga, que sempre se mantivo na Lagoa uns metro por debaixo da terra, volve a aflorar e a cubrir o seu espazo natural segundo a drenaxe da zona vai avanzando e as excavacións chegan á capa freática do terreo. Con ela, volven á Limia numerosas especies animais, maioritariamente aves, que volven a atopar nesta comarca un paraíso natural e un hábitat único para a súa supervivencia.


Máis información sobre espazos naturais protexidos de Galicia



sombra

Histórico

sombra
O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATL?NTICAS, UN TESOURO NO MEDIO DO MAR
O PARQUE NATURAL DO XUR?S, RESERVA DA BIOSFERA
O PARQUE NATURAL DO INVERNADOIRO

 

© Galicia Ambiental, 2009. Todos los Derechos Reservados.

Diseño Novosmedios